jueves, 20 de agosto de 2009

O festival A Todo Filispín volve ó parque Raíña Sofía con música rock, pop e blues

Diario de Ferrol Digital


Imaxe promocional do grupo ferrolán Decadent Daughters, que está a acadar repercusión internacional

Run Rum Axencia organiza no parque Raíña Sofía a sexta edición do festival de música máis ferrolán, A Todo Filispín. Con esta expresión da xerga local presenta este martes, ás 21.30 horas, unha selección musical que atende ó rock-punk, ó country, ó power-pop e tamén ó blues. O cartel do concerto inclúe a Decadent Daughters, Los Eternos, Lula e Los Reyes del K.O. A entrada custa seis euros se se merca de forma anticipada na sala Run Rum (rúa Real), no café Maltés (rúa María) e no bar O Peirao de Cedeira. O día do festival o prezo sube a dez euros.

A noite abrirase co grupo ferrolán Decadent Daughters. Estes cinco rapaces proceden da banda Strütter e propoñen un rock cunha compoñente visual moi marcada e un son con base punk influído por toda sorte de bandas, desde as representativas do heavy máis clásico ata as opcións máis inclasificables. Tampouco eles encaixan nunha definión ó uso, nin sequera na evolución da súa carreira, que desde o primeiro momento tivo unha interesante repercusión internacional. Ó pouco tempo de colgar os seus temas no Myspace, “Exploited Teens” aparecía nun recompilatorio americano de glam e “Rip Your Heart Out”, nun disco da revista británica “Devolution Magazine”. Xa teñen gravado un videoclip, “Black & Blue”, e o interese manifesto do selo indie americano Demon Doll Records.

Los Eternos propoñen un rock-country que co paso dos anos se fai cada vez máis cru e que acada o seu máximo potencial en directo. A súa discografía inclúe “Estás al límite” e “Los Eternos”, dúas maquetas autoeditadas. Ademais, nas súas actuacións en vivo versionan clásicos como Johnny Casth, Byrd ou a Creedence.

Patrizia Escoin, ex cantante do grupo valenciano Los Romeos, lidera o grupo Lula, unha enerxética dose de pop que chamou a atención co seu primeiro traballo, “Zapatos Nuevos”, e que agora ten recén publicado o disco “El mundo está temblando”. Subirán ó escenario do Raíña Sofía coas súas condensadas historias de vida e rock.

O peche porano Los Reyes del K.O., unha formación blues galega residente en Berlín, onde acadou recoñecementos tan importantes como o Berlin Jazz & Blues, á mellor banda de blues da capital xermana.

Esta sexta edición do festival A Todo Filispín conta co patrocinio económico do Concello e da sala Run Rum.


(PD: Aunque está en gallego creo que todos podemos entenderlo)


Fuente: http://www.diariodeferrol.com/

Ferrol - Jueves 20 de Agosto de 2009

1 comentario:

Nicky dijo...

Que ganas de que llegue el martes >.<
Mi amiga y yo nos pusimos a gritar cuando los vimos en el periódico,algo típico en nosotras
xDDDD